domingo, 4 de enero de 2015

Educar en Verde

Hoxe no programa El Bosque Animado de Radio3 tiven a oportunidade de descubrir a Heike Freire, quen con motivo da publicación do seu libro  Educar en Verde, foi entrevistada pola conductora deste programa María José Parejo.

Según a autora, o libro nace da visión dunha infancia na que predomina o peche e a soedade, circunstancia que afecta directamente ao seu desenvolvemento nos diferentes ámbitos (físicos, psiquícos e sociais).
Ante esta situación Freire plantea a hipótese de que detrás de moitos trastornos detectados nestes ámbitos está a falla de contacto coa natureza (déficit de natureza), debida a unha educación baseada en entornos de simulación ficticia, na que nenos e nenas son sobreestimulados sen o máis mínimo respecto a ritmos máis acordes coa natureza humana. Así exemplifica relacionando este déficit con dificultades no desevolvemento das capacidades espaciais, entre outras.

Outra das hipóteses do libro é que entornos de sobreproteción e aillamento das familias en contextos urbáns, dan lugar a un "medo ao entorno natural" e a actitudes de "seguridade" pasiva (prohibicións, o evitación dos posibles males) en lugar de fomentar actitudes de seguridade activa, reflexiva e dende o autocontrol que fagan posible o restablecemento do vínculo co mundo natural.

O libro é unha chamada á educación integral en e coa natureza.

Para saber máis sobre o libro e a autora o blog Educar en Verde

Así que maravíllate con toda tu capacidad infantil posible, comprende que se necesita una toda una tribu para criar un hijo, y cambia biofobia por biofilia y haz que tus raíces se unan de nuevo a la Naturaleza y a los otros… Porque estás entrando en territorio verde pedagógico, educando en verde con Heike Freire…¡Comunidad del bosque! ¡Arriba las ramas!

María José Parejo en El Bosque Animado

No hay comentarios:

Publicar un comentario