viernes, 10 de octubre de 2014

O 250 aniversario do Padre Feijoo e o Capitán Gardador

Xa está colgado na rede o novo capítulo das "Viaxes do Capitán Gardador" titulado "O Padre Feijoo: o pensamento vivo dun ilustrado ourensán".
Con motivo do 250 aniversario do pasamento do Padre Benito J. Feijoo, o capitán gardador achéganos á figura e á obra deste sabio ilustrado a través dos documentos do  Arquivo Histórico Provincial de Ourense
Aos pés da estatua, o video fai un perecorrido dende o nacemento do Padre Feijoo en Santa María de Melias, pasando pola súa formación e a súa vida en Oviedo onde, no mosteiro de San Vicente, viviu o resto dos seus anos coma profesor de Teoloxía, catedrático da Universidade e membro do Consello de Castela. Cos seus escritos deixou un importante legado no que abordou diferentes temáticas e tentou correxir erros de crenzas populares.



No hay comentarios:

Publicar un comentario