martes, 25 de marzo de 2014

Maurice Sendak

A editorial Kalandraka acaba de reeditar La Cocina de Noche dun dos meus autores favoritos de Lieratura Infantil: Maurice Sendak.

A súa obra máis coñecida é o álbum Donde viven los monstruos. Publicado en 1963 sigue sendo un éxito entre o público infantil. Con imaxes de enorme riqueza visual e narrativa, adéntranos no territorio da dominación, a liberdade, os desexos, os soños, os pesadelos..

Este libro que agora se publica foi un dos máis polémicos para o sector máis conservador de EEUU pois foi prohibido en bibliotecas públicas e escolares, xa que Miguel o neno que soña feliz na pastelería aparece espido en varias páxinas, asegundo a American Library Associaton forma parte dos 100 libros máis perseguidos durante a época dos noventa.

Como este autor ben merece una entrada completiña aí van uns enlaces para coñecelo mellor.
Neste podemos escoitar o conto: La Cocina de noche para Lo leemos así.
Estoutro da web arxentina Educar  presentanos unha cronoloxía das súas obras según o ano de edición no seu idioma orixinal e varios vídeos dos seus contos: Cuentos Salvajes de Maurice Sendak (1928-2012).
Este é a reseña que fai El País co gallo da reedición: La dulce venganza de Maurice Sendak.
E aqui podemos ler unha entrevista para a revista Imaginaria no ano 2007


Y SE HUNDE ENTRE LAS SOMBRAS Y SU ROPA SE PIERDE
Y LA LUNA LE MIRA MIENTRAS SUS PADRES DUERMEN




No hay comentarios:

Publicar un comentario