lunes, 20 de octubre de 2014

Bótalle cabeza ás redes sociais

Este vídeo sobre os perigos que as adolescentes poden encontar nas redes sociais, forman parte do proxecto Échale cabeza, no que o Servizo da Muller do Concello de Sevilla elaborou unha serie de vídeos que tratan temas claves da violencia de xénero co obxectivo de previr e sensibilizar ante esta terrible problemática, debida á reproducción de modelos de relación baseados na desigualdade.


jueves, 16 de octubre de 2014

viernes, 10 de octubre de 2014

A literatura infantil galega entre as mellores do mundo





Nicomedes o pelado editado por Kalandraka e O Galiño pelado de OQO editora xa forman parte do listado  White Ravens, un listado das 200 mellores obras de todo o mundo para o público infantil, que foi presentada o día 9 de outubro na Feira Internacional do Libro en Fráncfort.

Neste listado figuran sete títulos españois (Galiño Pelado, Pulgarcito, El único y verdadero rey del bosque, Nicomedes o pelado, La Roca, Loba y Prohibido leer a Lewis Carrol)

O 250 aniversario do Padre Feijoo e o Capitán Gardador

Xa está colgado na rede o novo capítulo das "Viaxes do Capitán Gardador" titulado "O Padre Feijoo: o pensamento vivo dun ilustrado ourensán".
Con motivo do 250 aniversario do pasamento do Padre Benito J. Feijoo, o capitán gardador achéganos á figura e á obra deste sabio ilustrado a través dos documentos do  Arquivo Histórico Provincial de Ourense
Aos pés da estatua, o video fai un perecorrido dende o nacemento do Padre Feijoo en Santa María de Melias, pasando pola súa formación e a súa vida en Oviedo onde, no mosteiro de San Vicente, viviu o resto dos seus anos coma profesor de Teoloxía, catedrático da Universidade e membro do Consello de Castela. Cos seus escritos deixou un importante legado no que abordou diferentes temáticas e tentou correxir erros de crenzas populares.



domingo, 7 de septiembre de 2014

You Tube Educación


https://www.youtube.com/educacion


Google acaba de lanzar YouTube Educación con máis de 23 mil vídeos educativos divididos en 12 categorías que inclúen contido de canles educativos como Khan Academy, TareasPlus e Educatina, entre outros. Propoñen, ademáis, incluir máis canles no futuro baseándose nas suxestións da comunidade.

miércoles, 3 de septiembre de 2014

Feliz entrada de curso 2014 - 2015


Feliz comezo de curso a todas, e para comezar nada mellor que abrazarnos, recoñecernos e mirar para o horizonte dun novo curso con moito amor e entusiasmo.
Por iso deixó este link que recomenda
Doce contos para traballar a educación emocional

Dende a distancia, unha grande aperta a todas.


viernes, 22 de agosto de 2014

Roteiros didácticos pola cidade


As rutas que o Concello de Ourense propón nesta páxina e que van acompañadas de un bo material didáctico, son rutas nas que se entrelazan o mundo literario e político de figuras representativas de Ourense, pero tamén de Galicia. Non podemos deixar de lado o marcado carácter literario da nosa cidade; Curros Enríquez, Vicente Risco, Otero Pedrayo...e Eduardo Branco Amor, co que a través da súa obra literaria "A Esmorga" iremos, percorrendo o noso corazón histórico.

Roteiros polo casco histórico de Ourense


miércoles, 11 de junio de 2014

O Desperdicio (Waste)


A curtametraxe O Desperdicio (Waste) producido polo programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e o Fondo Mundial para a Natureza (WWF), mostra o custe ambiental do desperdicio de alimentos, o que representa en auga, terra e enerxía. inversión e traballo das persoas que se adican a colleitar, manipular e distribuír o produto.
Pon o exemplo dunha mazá que require unha cantidade de auga equivalente a 7 descargas dun sanitario, isto sen contar co tempo invertido na produción, o uso da terra-que, moi probabale se desgaste co paso do tempo-, o traballo das persoas que a colleitan e o transporte xa sexa nacional ou internacional.


lunes, 9 de junio de 2014

28 de maio día mundial da visibilización da regla coma un proceso natural.

MONTHLIES: novo documental para nenas/adolescentes sobre a menstruación da directora de "La luna en ti"
A cineasta Diana Fabianova estrea en España Monthlies, un documental para que @s adolescentes entendan que é a regla
Para a directora da película, "o tabú da menstruación foi sustituido por unha definición social de como debemos vivila"
 A estrea coincide coa iniciativa apoiada por 130 organizacións de todo o mundo para establecer o 28 de maio coma un día para visibilizar este proceso natural e despoxalo da súa imaxe negativa.

VIDEO DE 30': http://vimeo.com/96002000


WEB: http://www.monthliesmovie.com/v1/es/
ARTÍGO: http://www.eldiario.es/sociedad/sangre-menstruacion-mostrar-considerada-sucia_0_264923839.html
DOCUMENTAL LA LUNA EN TI: http://www.elblogalternativo.com/2011/01/03/la-luna-en-ti-un-viaje-a-las-raices-de-la-femineidad-y-la-vida/

Para ver o vídeo pinchar no enlace de Vimeo.
Vía 

miércoles, 4 de junio de 2014

Día Mundial do Medio Ambiente 2014


Hoxe en Ourense celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente cunha acción de defensa do ‪#‎Barbaña‬ e máis co ‪#‎AnxoMoure‬ contando contos para cativas e maiores. 

domingo, 1 de junio de 2014

Calendario de Medio Ambiente de Ecoloxixtas en Acción

http://www.ecologistasenaccion.org/IMG/pdf/calendario_2014_baja.pdf
Cilc, calendario en pdf.

- 2014 Ano Internacional da Agricultura Familiar
- Decenio Internacional para a Acción A agua fonte de vida (2005-2015)
- Decenio das NN UU para os Desertos e a Loita contra a Desertificación (2010 - 2020)
- Decenio das Nacións Unidas sobre a Diversidade Biolóxica (2011-2020)

Para acceder aos eventos medioambientais mes a mes visitar:
Calendario 2014 ecoloxistas en acción

 

sábado, 17 de mayo de 2014

¡Viva la Escuela Moderna!

"¡Viva la Escuela Moderna!: Francisco Ferrer Guardia", é  o  título do documental que se emitíu na TVE, dentro do "Panorama de la Historia". Un traballo que narra a aventura emprendida polo pedagogo Francisco Ferrer, a comenzos do século XX, para fundar unha escola que respetase a vontade e os dereitos de nenos e nenas.

http://www.rtve.es/alacarta/videos/panorama/panorama-viva-escuela-moderna/714761/
(Para ver o documental clicar na imaxe)

Comunidades de aprendizaxe


 As comunidades de aprendizaxe son un modelo organizativo que quere mellorar o rendemento educativo e solventar os problemas de convivencia nos centros educativos. Esta proposta, inspirada na pedogoxía de Paulo Freire, recolle as aprtacións de  Bruner, Habermas ou Vygotsky, entre outros e  presenta o modelo dialóxico coma o máis axeitado. Agrupacións interactivas, diálogo igualitario e participación da comunidade no funcionamento dos centros educativos son os eixos das Actuacións Educativas de Éxito aplicadas nas comunidades de aprendizaxe.
Para tomar contacto con esta proposta deixo estes enlaces froito da pescuda na rede.

COMUNIDADES DE APRENDIZAJE Y FORMACIÓN DELPROFESORADOJesús Rodríguez de Guzmán Romero H. (pdf)

COMUNIDADES DE APRENDIZAJE, Schools as ‘learning communities’

Entrevista a Ramón Flecha catedrático de Socioloxía de Universidade de Barcelona na Gaceta Extremeña de la Educación

Feliz día das letras


domingo, 11 de mayo de 2014

Revisar, repensar a educación en tempos de crise

Hoxe encontreime con estes dous intersantísimos artigos que quero compartir.

O primeiro deles: De escuelas frecuentes y por frecuentar  do blog averkpasa ideas y recursoa para otra educación, revisa os catro vértices do sistema escolar: Tempo espazo, agrupamentos e actividades, propoñendo modelos alternativos que teñan en conta o que as ciencias clasicas e os novos descubrimentos aportan ás ciencias humanas.

O segundo é un artigo de La Vanguardia. com. pulicado o  27 do 12 do 2013 co título Educando a los hijos en la incertidumbre, propón  unha educación que os dote dunha base psicolóxica forte e actitudes flexibles que lles permitan  adaptarse aos retos do incerto futuro.


sábado, 10 de mayo de 2014

Indefensión aprendida


O desgaste psicolóxico que supón enfrontarse ao fracaso ou a experiencias negativas deixa unha importante pegada no xeito que teremos de encarar os retos que xurdan no futuro.

La teoría de la indefensión aprendida explica la pasividad con la que en ocasiones nos enfrentamos a situaciones dolorosas y frustrantes, y generalmente viene dada por experiencias previas en las que nuestras acciones no consiguieron el objetivo previsto. Aprendemos así que da igual lo que hagamos, pues la solución al problema no depende de nosotros, escapa a nuestra voluntad.
Los más pequeños se enfrentan a la superación de nuevos retos y situaciones casi a diario. Para evitar la indefensión aprendida, es necesario que les ofrezcamos mensajes optimistas que refuercen su concepto de control sobre los acontecimientos y herramientas para enfrentarse al fracaso, con el objetivo de que pierdan el miedo a intentarlo de nuevo las veces que sean necesarias.

Para ler o artigo completo:


jueves, 8 de mayo de 2014

Letras Galegas 2014




Este ano o homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo).
Para coñecelo mellor deixo unhas ligazóns nas que suxiren actividades aoredor deste escritor.

Recomendo visitar a súa web con contidos a cerca da súa vida. textos da súa obra e unha fotogalería autobiográfica.
Poeta Díaz Castro

A Coordinadora ENDL nos oferta coma outros anos unha páxina con moito material, ligazóns e actividades doutros centros
Letras Galegas 2014 Xosé María Díaz Castro na coordinadoraendl.org

O Seminario Galán preséntanos as súas clásicas unidades en pdf para a súa fácil impresión.
Pdf da unidade didáctica para Infantil
Pdf da unidade didáctica para 1º Ciclo
Pdf da unidade didáctica 2º Ciclo
Pdf da unidade didáctica 3º Ciclo

Os actos, commenoracións e actividades varias sobre Xosé María Díaz Castro pódense seguir nas redes sociais nestas páxinas en Facebook:
Xosé María Días Castro Artista
Xosé María Dáz Castro Escritor

A Real Academia Galega tén na súa páina unha breve historia do día das letras galegas que se pode consultar neste enlace:
Historia do día das letras galegas
Nimbos

Se é que o poema é só un nimbo de lus
que os ollos cegos póñenlles ás cousas
soñadas, ou amadas nas teebras,

das cousas que xa foron e se foron
pro siguen sendo e non se van xa máis,
das sombras que, xogando cos meus ollos,
na  miña vida en lume se enxeriron,

eu deixo eiquí os nimbos, coma cinza
de rosas que onte encheron de perfume
o mundo, morto xove, dalgún soño.


Programa de actos en Ourense



martes, 29 de abril de 2014

Mulleres pintoras


Mujeres Pintoras é un magnífico traballo, un blog que trata de completar  a historia oficial das artes reclamando para as mulleres artistas o lugar que lles corresponde.
Conten un listado de pintoras con enlaces a súa vida e obra, en orde cronolóxica e por países. Interesantísimo o enlace a sitios web sobre o arte e a muller


viernes, 25 de abril de 2014

LaReserva Ecoloxía e Medioambiente

http://www.lareserva.com/home/avenida_babobabs

LaReserva.com é unha publicación dixital de ciencia e tecnoloxía creada no ano 1999. Xurdiu polo interés en investigar e promover o uso sustentable dos recursos naturais, a conservación, a biodiversidade, a ecoloxía e o medio ambiente. O equipo é un grupo interdisplinar de profesionais que abogan pola construción dunha sociedade mais ecoloxía e sustentable; con este fin promoven cursos seminarios e talleres, campañas de sensibilización, elaboración de estudos e ciberactivismo.

Plantilla


Coordinación xeral: Lic. Juan P. del Rio
Direción: María Pía González
Prensa: Jimena Sambiasi, Realizador Integral de Cine y Televisión
Webmaster: Isabel G. Diaz
Relacións Públicas: Cristina Alvarez
Ciencia e Tecnoloxía : Boris V. Castaneda Phd Informática
O Mundo do tiburón: Carlos Ramos Infante (Dragoman), Biólogo Marino
Leandro Caffarena (Gilgalad)
Especies en Perigo: Pilar Medal, Bióloga
Medio Ambiente: Walter Guido Lazzarini, Lic. Comunicación Social
Plantas Medicinais: Alicia Lopez Hermida, Nutricionista
Saúde: Dra. Cinthya Indigo Garay
Urbanismo: Arq. Patricio Lopez Frozen


Contactos

jueves, 24 de abril de 2014

Marabillosa ARTPOÉTICA

http://www.artpoetica.es/index.php?id=14

Esta marabillosa aplicación de acceso gratuíto en web, móbiles e tabletas permite coñecer 28 dos mais destacados poemas e poetas da literatura castellana transformados en curtametraxes de gran beleza visual e ademais reserva un espazo para a creatividade d@s usuari@s.

Este proxecto está producido polas empresas andaluzas La Claqueta e Tal Cual con apoios institucionais diversos, entre eles o da Biblioteca Virtual de Andalucía.

Federico García Lorca, Rafael Alberti, Manuel Altolaguirre, Luis de Góngora, Gustavo Adolfo Bécquer, Juan Ramón Jiménez, Antonio Machado, Luis Cernuda, Joaquín Sabina...
Deixémonos levar pola maxia da poesía destes grandes autores da man de ARTPOÉTICA.